domingo, 10 de março de 2013

flashback


Un flashback  trasládame ás veces
ao silente fotograma
de cor sepia
cor do recordo
Oriéntame cara a memoria máis próxima
fundida nos escenarios abertos
onde o tempo
é parte dun lance
Parte do diálogo
transcrito na superficie das
pedras
nas pegadas que moran
o extenso chan
no que
unha brétema baixa
levita por enriba das follas mortas
soterradas

É  inverno
Érguese un pano
e na escena
aparece un computador nun con
Ao carón
no corazón do monte
unha meisiña medita...

As liñas dos petróglifos do Outeiro do Cribo
envíanme SMS 
Vía e-mail

  
xaneiro 2013 

maio 2013

terça-feira, 19 de fevereiro de 2013

Poema a Armenteira



Porque fogar
leva insignias de natureza
impresas nas súas contornas
Na face dos muíños da Buraca
que moen fonemas
no expresionismo máis nítido
do lenzo
Acubillados retallos indelébeis
atraen
imantan na pupila as imaxes ilimitadas
da terra
da auga
do Salnés 
Quizais sexa o lirismo inconcluso dos fentos
A cor púrpura dos troques
que baten na memoria fortemente
e envólvente no arrecendo límpido
da xeografía que medra
onde xace o son inesquecíbel
da carballeira
o rumor melodioso do río Armenteira
Inamovíbeis camiños
fíxanse na mente
deseño luminoso que me habita
litografía bela
ancorada
na estrutura nacente dun poema



xaneiro, 2013

maio, 2013


domingo, 3 de fevereiro de 2013

A figueira


A decadencia
tínguelle  as follas de amarelo
e ela
está soa  na noite
a intemperie
na inmensa  humidade
erguida cara un ceo baleiro
negro
de inverno
 ________




A decadência

tinge-lhe as folhas de amarelo
e ela
está sozinha na noite
a intempérie 
na imensa humidade
erguida cara um céu vazio
preto
de inverno

sábado, 8 de dezembro de 2012

Fragmento do poema gañador


Ás miñas costas
o son monocorde dos altofalantes
espértame dun flash back persistente
case persecutorio
e inicio un tránsito orientador
polas agullas do sinxelo reloxo
chantado na parede de pedra
e descubro
que quizais sexa a hora de partir


"Contemplo o proceso inevitábel da despedida"  
Primeiro premio no XXVI Certame de Poesía Rosalía de Castro.
Decembro, 2012   Cornellá- Barcelona 

domingo, 4 de novembro de 2012

Esvara a choiva na súa pel


A choiva deixou as súas bágoas
na derme amarela
Esvaran pola casca íntegra
debuxando espellos na face
Na cítrica superficie
pousa o inverno
unha humidade intensa
fría transparencia de novembro


Resvala a chuva em sua pele
  
A chuva deixou as bágoas
na derme amarela
Resvala pela casca íntegra
desenhando espelhos na face
Na cítrica superfície
coloca o inverno
uma humidade intensa
fria transparência de Novembro

segunda-feira, 15 de outubro de 2012

A danza do paraugas gris


Unha chuvia intensa abre océanos  perante min
e  eu, acocho a miña tristura
baixo o paraugas gris
A chuvia, ás veces
está en nós mesmos
no noso interior
Vivo no interior dunha caixa de cartón
Non permiten que me queixe
morren esganadas as palabras  na miña gorxa
guindadas bágoas nun chan augacento
Non podo deixar de dar voltas
e voltas
porque estou presa nesta danza
de círculos interminábeis
imposíbel deixar de xirar
non podo