sábado, 27 de agosto de 2011

Cando amainen as inquedanzas



e acouguen os pensamentos

Cando o sorriso en tolas danzas

e infantís brincos bique os ventos

sexan os aires que sexan

e abaneen para unha ou outra beira


Cando os ollos finxan ver aínda que non vexan

Cando xa esquecida a identidade

camiñes para ningures, desorientada

carrexando unha ideoloxía emprestada

daquela terás a personalidade virada

decataraste de que es nada

folla que o vento deixou derreada

engaiolada nun labirinto de alleos ideais


Cando a túa persoa mude dese xeito

entón, daquela será un feito

ti serás sombra, serás casqueiro

daquela a túa mente

segunda-feira, 15 de agosto de 2011

No son das ondas, ao lonxe



coma se fose unha aparecida

vén ansiosa, deitada na escuma

Navega sobre as augas feridas

leva a bordo os medos

desalentada

sen conviccións nas que reafirmarse

asume a derrota

Precipítase cara un lento

inexorábel naufraxio


Anoréxica figura de febre e

amargura

Vestida de sombras, sombra eterna...

O vento frío pasa, con movemento

de ataque aéreo

Sostendo unha luz emprestada

proxecta pesadelos

no rachado espazo da contenda

Escuro filme de guión incerto

abre liñas abstractas

na terra

O home, ávido de loitas e conquistas

arrastra á humanidade pola merda

sexta-feira, 5 de agosto de 2011

Os días escóanse


Nun trocado de contratempos

Entre anceios

Ás veces peneques

Historias interrompidas

Que furan almanaques

Días negros e vermellos

Dos tempos


Escáchanse verbas

Enriba das lousas

De labirintos internos

Arrecenden ao vento

Melodramáticos poemas


Os días escóanse

Vanse

Non sei que fan aquí os teus ollos

Non sei, pero ás veces