Un flashback trasládame ás veces
ao silente fotograma
de cor sepia
cor do recordo
Oriéntame cara a memoria máis próxima
fundida nos escenarios abertos
onde o tempo
é parte dun lance
Parte do diálogo
transcrito na superficie das
pedras
nas pegadas que moran
o extenso chan
no que
unha brétema baixa
levita por enriba das follas mortas
soterradas
É inverno
Érguese un pano
e na escena
aparece un computador nun con
Ao carón
no corazón do monte
unha meisiña medita...
As liñas dos petróglifos do Outeiro do Cribo
envíanme SMS
Vía e-mail