sexta-feira, 18 de fevereiro de 2011

Anda, deixa


que refaga as tenras lambetadas

incontrolábeis

Coa avidez da gula incrustada na pel

Coa posesión do que esquece a individualidade

do outro

Coa fixación dunha lapa

Posición sandwich

para posuírmonos

Cunha total liberdade de egoísmos


Anda, faite morador do habitáculo

Lingua nas inguas

Punto de encontro

Punto G


Veña, búscame mediante a conxuntura

que máis seduce e

conduce

á íntima estancia de comuñón contigo

Onde

coma dúas vogais formando ditongo facemos

malabarismos

coa lava quente que provoca incendios


quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

A percepción do teu corpo



é metricamente
perfecta
Os números dan unha aproximación
bastante exacta dos volumes
Quero que aparezas no índice deste libro
de esixencias
cunha man posta no epicentro
Xusto no centro
Espero que frecuentes a proporción inequívoca
do desexo
e informes do punto seguido
que nos concirne
saciando apetitos
tras a porta pechada
Recluídos, absolutamente entregados
á paixón
recoñecendo a boca que encaixa
noutra boca
e que inicia o capítulo das escenas
+ QUENTES



Licença Creative Commons