terça-feira, 24 de abril de 2012
quarta-feira, 18 de abril de 2012
Asubío para dentro...
Uploaded with ImageShack.us
Asubío para dentro e marco unha tese
nos pregues dun abdome
Hai informes deliberados
que atravesan as canles
dos embigos que se bican sen présa
Asubío para dentro e acado
a linguaxe íntegra que nos representadomingo, 1 de abril de 2012
As sombras
As sombras dan voltas
arredor da súa anatomía sorprendida
A muller, vaise diluíndo
coma unha bolboreta nocturna
Ábrenselle paseniño as tebras
e ela, permanece anicada
escorréganlle da boca laios...
O sol estaba tan afastado
e a lúa era un grande punto negro!
Etiquetas:
creación,
Cruz Martinez,
cultura,
fotografía,
galego,
galiza,
imaxe,
pensamento,
poema,
poesía,
poesía galega,
poeta,
terra,
texto,
visual
Subscrever:
Mensagens (Atom)