Un flashback  trasládame ás veces 
ao silente fotograma
de cor sepia 
cor do recordo
Oriéntame cara a memoria máis próxima
fundida nos escenarios abertos
onde o tempo 
é parte dun lance 
Parte do diálogo
transcrito na superficie das 
pedras
nas pegadas que moran 
o extenso chan 
no que
unha brétema baixa 
levita por enriba das follas mortas
soterradas
É  inverno
Érguese un pano 
e na escena 
aparece un computador nun con
Ao carón
no corazón do monte
unha meisiña medita...
As liñas dos petróglifos do Outeiro do Cribo
envíanme SMS  
Vía e-mail
 

 
 
Sem comentários:
Enviar um comentário