Unha chuvia intensa
abre océanos perante min
e eu, acocho a miña tristura
baixo o paraugas gris
A chuvia, ás veces
está en nós mesmos
no noso interior
Vivo no interior
dunha caixa de cartón
Non permiten que me
queixe
morren esganadas as
palabras na miña gorxa
guindadas bágoas nun
chan augacento
Non podo deixar de
dar voltas
e voltas
porque estou presa
nesta danza
de círculos
interminábeis
imposíbel deixar de
xirar
non podo
Sem comentários:
Enviar um comentário