domingo, 21 de julho de 2013

poema contra a mina de ouro de Corcoesto

A ceo aberto entra a morte
fenece a terra a golpe de cianuro
nunha drenaxe aceda que a envelena
 contamínaa
Non quero  este caos que nos acurrala
que nos anubra nunha eclipse eterna
Hai unha alarma pendurada das árbores
unha ameaza terríbel
Habita o desazo involucrado no proxecto do demo
que nos esperta, que nos volve insomnes
e fai tremer a pedra e o río
Nos tocados cons inscríbese a barbarie
Instáurase a enfermidade e abre canles sépticas  
nas edénicas corredoiras
e nós ficamos  nus,nun futuro árido
sen O2
no frío intenso, no loito irremediábel
que se instaura na Cabana
hai un temor crecente
que irrompe nun escenario indesexábel
 esperpéntico
a esperanza semella nula e as tardes devalan
na terríbel secuencia agónica
inamovíbel no  dourado abismo
A escuridade féndenos as tempas
acubíllase  entre as árbores asustadas
Tumoracións váranse nas nosas costas
na profundidade do teu seo nai
e non queremos
non queremos que se cerna  na amada chaira
o inmenso pranto dun sepelio
non queremos
que a superficie deste territorio
erosione  crónicos espectros
Simplemente, queremos  ter a certeza da luz
mais nada! 

Sem comentários: