coma se fose unha aparecida
vén ansiosa, deitada na escuma
Navega sobre as augas feridas
leva a bordo os medos
desalentada
sen conviccións nas que reafirmarse
asume a derrota
Precipítase cara un lento
inexorábel naufraxio
Anoréxica figura de febre e
amargura
Vestida de sombras, sombra eterna...
O vento frío pasa, con movemento
de ataque aéreo
Sostendo unha luz emprestada
proxecta pesadelos
no rachado espazo da contenda
Escuro filme de guión incerto
abre liñas abstractas
na terra
O home, ávido de loitas e conquistas
arrastra á humanidade pola merda
This work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.
Sem comentários:
Enviar um comentário