domingo, 9 de maio de 2010

DURMINDO CO ASASINO



sente como o loito se crava nos coitos
e visualiza cadáveres mutilados
A face asasina asalta
provoca psicose

Corazón de coitelo
racha vidas coma se tal cousa
Arrola membros, defuntos membros
guindados na fondura dun río de sangue
agrandando un escenario de aforcados
sorrisos de rapazas

Entrégase ao enfermo apetito de carne morta
Macho que só se lle ergue fronte ao impávido corpo
dunha femia case morta

Mortes en serie desenterran pánico
Os espectros meten medo
e o terror imposibilita orgasmos



Licença Creative Commons

Sem comentários: