segunda-feira, 3 de maio de 2010

Brétema

O estado de brétema argalla unha luz fulgurante
Estancias aneboadas abren fiestras
e bícannos na boca, conmóvenme
Contemplamos sinais de beixos
tatuados nas queixadas
As cousas sonche así, enrevesadas
certamente somos monicreques
que irrompen na dependencia dun abrazo

Entrementres a praza do pasado
fica case illada
inalterábel no maxín
co seu lousado azul recordándonos



Licença Creative Commons


Sem comentários: