sábado, 8 de dezembro de 2012

Fragmento do poema gañador


Ás miñas costas
o son monocorde dos altofalantes
espértame dun flash back persistente
case persecutorio
e inicio un tránsito orientador
polas agullas do sinxelo reloxo
chantado na parede de pedra
e descubro
que quizais sexa a hora de partir


"Contemplo o proceso inevitábel da despedida"  
Primeiro premio no XXVI Certame de Poesía Rosalía de Castro.
Decembro, 2012   Cornellá- Barcelona 

domingo, 4 de novembro de 2012

Esvara a choiva na súa pel


A choiva deixou as súas bágoas
na derme amarela
Esvaran pola casca íntegra
debuxando espellos na face
Na cítrica superficie
pousa o inverno
unha humidade intensa
fría transparencia de novembro


Resvala a chuva em sua pele
  
A chuva deixou as bágoas
na derme amarela
Resvala pela casca íntegra
desenhando espelhos na face
Na cítrica superfície
coloca o inverno
uma humidade intensa
fria transparência de Novembro

segunda-feira, 15 de outubro de 2012

A danza do paraugas gris


Unha chuvia intensa abre océanos  perante min
e  eu, acocho a miña tristura
baixo o paraugas gris
A chuvia, ás veces
está en nós mesmos
no noso interior
Vivo no interior dunha caixa de cartón
Non permiten que me queixe
morren esganadas as palabras  na miña gorxa
guindadas bágoas nun chan augacento
Non podo deixar de dar voltas
e voltas
porque estou presa nesta danza
de círculos interminábeis
imposíbel deixar de xirar
non podo







sábado, 29 de setembro de 2012

Amante tocada pola antropofaxia (poema 7)



Safe Creative #1304084914819


É  unha tenra sensación
pousar os meus labios nos teus
enchouparme no interior
quedar pendurada da túa boca
amor
ese é un doce xogo de equilibrios
ao que estou afeita
seino, dende que fiquei sen bragas
diante túa
e aterrei convulsa no teu ventre
dende aquela,  seino
estou convencida da analoxía
que teño coas limachas

Primeiro premio no XXII Certame Rosalía de Castro, 2008.

sexta-feira, 14 de setembro de 2012

Coido que son unha lesma


Safe Creative #1304084914833
imprégname no teu cuspe
Lámbeme coma unha  pucha
e átame a carón do teu monte
que teño fame

Do poemario "Amante tocada pola antropofaxia"
Gañador do XXII Certame Rosalía de Castro, 2008.