facerlle o boca a boca a agoniante luz
Aquela que ancorada nas somnámbulas imaxes
publica tristes panfletos ata convertelos en
longos best sellers
Devorados logo sen prospecto polos adictos
que viven a expensas de estrañas divagacións
e as palabras ensaríllanse ao pescozo coma
serpes
mesturadas no sangue como a droga máis dura
Honestamente, a vea non pode coa dose
Xiringas baleiras aparecen nos dicionarios
como sinónimos de derrota
Copropietarios de argumentos, vencellados aos
reality show
citan que a morte polo pouco, supera dez cifras
Unha negrura intensa apodérase dos momentos
Hai cadáveres deambulando ao teu carón
nas frías rúas
É de mañá, inconscientemente abres o xornal e les
cronolóxicas
É terríbel
No entanto, na cidade aberta ao desánimo
todos os reloxos advirten
que non hai tempo
This work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.
Sem comentários:
Enviar um comentário