sábado, 18 de junho de 2011

Soa no espazo

Soa no espazo (Diego de Giráldez)

Poema inspirado nesta obra pictórica

Esferas transparentes danzan
pezas invisíbeis nun espazo sombrío
misterioso
Namentres uns ollos mergúllanse
cara a dentro
e unha ringleira de troques
transitan ocos de nostalxia
pendurados dos cadros
Os corpos en decúbito supino
traspasan barreiras inimaxinábeis
Furan a certeza máis absoluta
NAS
Unha xouba en vertical
comparece na coreografía dos
elementos
No entanto, as galiñas vermellas
peteiran a realidade nos lenzos



Licença Creative Commons

This work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.

2 comentários:

Alfonso Láuzara disse...

Fermoso poema para un cadro marabilloso! ;-)
(bela comunión de artistas)

Cruz Martínez, escritora disse...

Moitas grazas Alfonso, por entrar neste espazo e polas túas palabras. Un saudiño