quarta-feira, 29 de junho de 2011
Etiquetas:
audio,
creación,
Cruz Martinez,
cultura,
fotografía,
galego,
galiza,
imaxe,
pensamento,
poema,
poesía,
poesía galega,
terra,
texto,
vídeo,
visual
sábado, 18 de junho de 2011
Soa no espazo
![]()  | 
| Soa no espazo (Diego de Giráldez) | 
Poema inspirado nesta obra pictórica 
Esferas transparentes danzan  
pezas invisíbeis nun espazo sombríomisteriosoNamentres uns ollos mergúllansecara a dentroe unha ringleira de troquestransitan ocos de nostalxiapendurados dos cadrosOs corpos en decúbito supinotraspasan barreiras inimaxinábeisFuran a certeza máis absoluta  NASUnha xouba en verticalcomparece na coreografía dos elementosNo entanto, as galiñas vermellaspeteiran a realidade nos lenzosThis work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.
quinta-feira, 2 de junho de 2011
No mar, neste mar
Inevitabelmente existen intres agochados
apegados nestes cons como se fosen lapas   
baixo os efectos dunha incipiente psicopatía  
Fondeados
amolecidos
encallados no peirao da memoria  
Atravésanlle a pel, esgárranlla  
pásalle por enriba a auga dos océanos   
e sente que lle navegan  
que a tronzan todos os naufraxios
destinados á permanencia
É consciente de que hai epitafios
escritos na nudez do rochedo
Sabe que existen lapsos que conservan aínda  
a lene caricia dos corpos espidos
que habitan insculpidos na superficie de pedra
e contan historias nas súas páxinas
vivencias  
especialmente expresadas  
nas ondas deste mar, que semella en calma
Nítido perfil do verso!
No mar, neste mar
olla o  infinito ronsel de melancolía
e repara, no longo índice de feridas  
No mar, neste mar  
onde dormen os aloumiños
arrolados polo vento de nordés
Móllalle os pés a auga salgada  
e bícalle a caluga o ardente sol
Está silente, deitada sobre a rocha   
e sente que se vai mergullando nos recordos  
coma unha Mactra corallina
que afonda na area  
Sotérrase lentamente
Morre

This work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.
This work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.
Etiquetas:
creación,
Cruz Martinez,
cultura,
fotografía,
galego,
galiza,
imaxe,
pensamento,
poema,
poesía,
poesía galega,
poeta,
terra,
texto,
visual
Subscrever:
Comentários (Atom)
