domingo, 19 de julho de 2009

Intúense faces


Unha difusa formación de sombras
aparece nun abafado vidro
Liñas brancas superpostas
delimitan espazos na supostamente
existente, imaxinábel ventá

Poderían ter ollos cor mel
Poderían posuír unha identidade
e ás veces, fincar os pés no chan
coma ti, coma min...

Mais neste momento son inamovíbeis
acubilladas siluetas, esbozadas nunha tea de liño

Non obstante, cando pecho os ollos
acho que hai un café con moito azucre
pendurado no anteroposterior das miñas meniñas




Licença Creative Commons

4 comentários:

Susi DelaTorre disse...

Gostoume moitísimo o teu poema!

E tamén pasar polo teu espazo, despois de ollar " a Porta Verde".

Graciñas por acollerme!


Apertas, Cruz!

Cruz Martínez, escritora disse...

Moitas grazas a ti por entrar e polas túas palabras. Unha forte aperta!

Brais Palmás disse...

Bellos poemas he leido en este espacio.
Gracias por compartirlos y enhorabuena por ese importante premio que has logrado.

Un cordial saludo.

Cruz Martínez, escritora disse...

Moita grazas Brais! Fico moi agradecida.
Gustoume moito o teu espazo e aproveito esta ocasión para convidarte a que colabores coas túas belas fotografía no noso espazo creativo " A Porta Verde do Sétimo Andar".
e-mail: aportaverde@gmail.com
Unha aperta.