quarta-feira, 6 de agosto de 2008

O pombo




se tivese a pluma transgresora
que estourou na cavidade
do bico da pomba azul, faría malabares
só para divertimento das meniñas
..............................dos papirofléxicos
e atraparía o latexo que emana do corpo
dun pombo diagnosticado
...................de autismo severo
que deambula coa inconsciencia
do que lle vira as costas
..............................ao tempo


4 comentários:

Anónimo disse...

Ola Cruz!!

xa entrara aquí unha vez pero non deixei comentario ningún.
fágoo agora para felicitarte por este espazo de imaxes e poesías preciosas.

Moitos bicos, vémonos nas rúas,
abilio

Cuspedepita disse...

Non sei se hai unha maneira mellor de levar a vida que virarlle as costas ao tempo e non se preocupar del :-)) Eu quixera ser inconsciente coma o pombo.

Cruz Martínez, escritora disse...

Graciñas Abilio por estar aí e polas fermosas palabras que me dedicas!. Unha aperta.
Cruz

Cruz Martínez, escritora disse...

Ola Marisa! grazas por entrar neste espazo e compartir comigo as imaxes e a palabra. Unha aperta.