terça-feira, 8 de julho de 2008

O lecer




Hai un tallo de pedra
pendurado na memoria
el posúe a certeza do solpor
As horas transcorren amodo
xeando pegadas enlentecidas
que agardan o mes da seitura
e un deformado calendario
acampa na humidade das cuncas
coma se fose un exaltado Deus
a xerar pámpanos das caveiras
gárgolas estrábicas, mostra
paleontolóxica nas vidreiras
...................................das igrexas

2 comentários:

Cuspedepita disse...

Con que maestría amosas a soidade, tanto coa imaxe coma coa palabra ...

Cruz Martínez, escritora disse...

Moitas grazas amiga polas túas palabras!! Unha aperta.