O silencio deixou de ser
Botouse á rúa e ficou afastado do monótono
..............................................ritmo da fregona
...........................................................Tiña que ser
Renacer é rachar os nimios diálogos dos contos
.........................................................cos que nacemos
Arrincar inicuos veos ,subxacentes, asoballadores…
Mais, temos nas mans a capacidade de seguir
Sinto que xa non son a imaxe autómata
que merca nun hipermercado
Nin existe un imán que me encadee de por vida a unha tixola
O lúgubre cuarto de antonte iluminouse de súpeto
Abriuse a porta e o tempo sorriume
coma un solícito amante
O meu corpo é un dolmen que emerxe
Son a vítima liberada do lóculo
Aparezo no sketch
...................Ipso facto
e observo que hai un principio
que toma forma a través de min, dende min…
en min
Este poema acadou o segundo premio no III Certame
de poesía “ Mulleres do noso tempo” Marzo 2010 Concello de Cee.
This work is licensed under a Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Vedada a criação de obras derivadas 3.0 Unported License.