sexta-feira, 6 de julho de 2012

Tesme horizontal

 espida, espasmódica
Mollada entre as sabas
tesme en contacto co teu sexo
en posición de amar
A túa lingua succióname enteira
lingua retráctil
Sinto que as cóxegas acurtan as distancias
Estoupa de pracer o clítoris
téñote en min
mergullado
Non hai palabras


Do poemario "Amante tocada pola antropofaxia" gañador do XXII Certame de Poesía "Rosalía de Castro", 2008. 

2 comentários:

Fumador Impostado disse...

Gústame a imaxe deste post.

Cruz Martinez disse...

Grazas fumador!. Unha aperta.