sábado, 5 de julho de 2008

O comboio ha de vir



hai un relento que molla as queixadas
e aparecen escuras vacalouras
portando maletas cor violeta
........................................que vixían
Percibo a impasibilidade dos croios
.................................................axexan
seica pretenden facerse co silencio
Eu, trouxen o pano branco
.........................con bolboretas azuis
e inicio a danza
.............dos pés descalzos
Senta... agarda
............o comboio ha de vir



Licença Creative Commons

2 comentários:

Cuspedepita disse...

Que tristes as estacións valeiras agora que os trens pasan menos ou non paran xa.
Fermosas imaxes no teu poema coma o pano coas bolboretas azuis simbolizando a ledicia e a vida que xa non hai nese silencio.

Cruz Martínez disse...

Benvida amiga a este espazo e graciñas por iluminalo coas túas fermosas verbas!!!